sábado, 16 de diciembre de 2006

Jazz na rede

Ola!
Son un novo participante deste blog que está a comezar e voume estrear anunciándovos a existencia dun programa radiofónico ubicado na parrillla da emisora de radio libre a CuacFm, situada no campus da Zapateira na Coruña e que é unha das máis importantes polo nivel de participación na súa programación.
Este programa leva por título Radio Jazz e é un espazo aberto a todo tipo música jazz nos que os seus locutores intentan apróximar ao ointe este estilo de música e intentar facer pasar un bo rato acompañados de boa música.
Emítese cada tarde de luns as 18 da tarde e ten como obxectivo o repaso de estilos,intérpretes,agrupacións e evolución do jazz e o de pasar unha hora na compaña da mellor música.


Ademáis de poderse escoitar localmente en A Coruña tamén se pode escoitar en directo na rede acudindo á páxina de emisora

CuacFm

este programa ten o seu propio espazo na web,un blog ao servizo do ointe no que poderá consultar os temas da semana e a axenda jazzistica en toda galiza en aqueles locais onde se poda escoitar esta música...

Radio Jazz

ademáis se o ointe non puido escoitar o programa en directo posee dun podcast na mesma páxina para non perderse nada da mellor música jazz...
Convídovos logo a que vos acheguedes ao mundo do jazz dende esta nova plataforma que se presenta no panorama desta música en galicia e na rede...

Saudos

No hay comentarios: